¿Qué son?
Son un conxunto de regras básicas sobre a transmisión por herdanza das características dos organismos de pais a fillos.
Estas leis, ademáis constitúen os principios da xenética, sendo fruto do traballo realizado por Gregor Mendel, publicado entre 1865-1866,aínda que foi ignorado ata o seu redescubrimento en 1900.
Experimentos:
Mendel publicou os seus experimentos con guisantes en 1865 e 1866.Empregando un planta autógama(autofecundase) denominada “Pisum sativum”a cal eliminoulle as antenas para poder cruzar as variedades desexadas.Tamén embolsou as flores para protexelas dos híbridos de polen non controlado durante a floración.
Mendel levou a cabo a misma serie de cruzamentos en todos os seus experimentos. Cruzando dúas variedades ou líneas puras diferentes respecto dun ou máis caracteres. Como resultado obtiña a primeira xeración filial (F1), na cual observou unha uniformidade fenotípica dos híbridos.
Posteriormente, lautofecundación dos híbridos de F1 deu lugar a segunda xeneración filial (F2), y así sucesivamente. Tamén realizou cruzamentos recíprocos.
Tipos de leis:
1º Lei de Mendel:
A primeira Lei de Mendel, ou da homoxenidade dos híbridos afirma que, cando se cruzan dúas razas puras para un carácter oposto, todos os descendentes presentan o carácter dominante.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi-FpBp6RHUVdfBeXXVTlmKskQoBrjNOPPfWOZBg91WedP1XWeaaY1LvdzR2sDZ_Yur2JTE2xet4Tcrqf1C-5sgqhTDKp4fkTtLe7sqzP44eG-dtDrIu2hVm5wm-ApjW3JdkYFXj_tNKg/s320/1+LEI+E+MENDEL.png)
2º Lei da Mendel:
A segunda lei de Mendel, ou da separación dos caracteres dos híbridos establece que os caracteres recesivos ocultos na F1, volven a aparecer na F2, na proporción de tres dominantes por cada recesivo (3:1).
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgHXJxyy40F3PrJtq7OWIHAwooUalyLVadc4du7ixTXaeDzH_9XttsgU0tnz9qgKBkQN6PkQ1lUpa86LzxJ8sIKjhDirmOb6COo0fJ6BLgE0F6V9uL_BvfN_nk3N2xUWT3uCRGAeAuA1w/s320/2_Ley_Mendel.png)
A terceira Lei de Mendel ou da combinación independente dos caracteres, determina que cada carácter transmítese á descendencia de forma independente doutros caracteres.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiQIyMaaaWrcBJhn65aWvqztg-Jj5XW1QvbHCxWcJKfEyAfVCN7HReuiJgrGrtNZ2n_4tKmF8uyZy5noj86PfEc8422BzueYEQJXd8RqcCyG77Z1YCy-8b0nDqKYpkYD3zHxLGEPpxqEg/s320/3+lai+de+mendel.png)
Conclusións:
Os experimentos de Mendel deron lugar a dúas conclusións, que ata ese momento non se recoñecían:
*A herdanza transmítese por elementos particulados ( herdanza das mesturas).
*Cada un deles transmítese seguindo as leis anteriores con independencia da presencia do outro carácter.
*As tres leis que estableceu Mendel ligáronse unha doutra.
Realizado por:
0 comments to “Leis de Mendel”